venres, 10 de outubro de 2014

MODESTINA QUERE SABER... 4ª EDICIÓN



Xa levamos tempo preguntando e... AQUÍ ESTÁ!!!

Unha nova edición do concurso estrela da biblioteca do centro. Será alguén capaz de quitarlle o galardón a Lucía e Paula????

Como na anterior edición Modestina terá unha serie de dúbidas que irá subindo ao blogue, por equipos debedes tentar de axudala.

Os equipos poden ser de dúas ou tres persoas e tedes que pensar nun nome de guerra, que será co cal participaredes.

O prazo de inscrición é dende o día 13 de outubro ata o 17 do mesmo mes. Está destinado a alumnado de 2º e 3º ciclo.

Haberá premios para tod@s os participantes.

ANÍMATE!!! MODESTINA PRECISA AXUDA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.