xoves, 29 de outubro de 2015





Henry Mancini para 4º

Aquí os dejo "el paseo del pequeño elefante" de la película Hatari. Como ya sabéis la música de esta película fue compuesta por Henry Mancini.
A trabajar!!!

Música de Henry Mancini para 4º

Aquí tenéis un video con una de las bandas sonoras de este compositor. Averigua de cúal se trata y en para qué película la compuso.

domingo, 25 de outubro de 2015

CONCURSO TERRORÍFICO



Con motivo da celebración do Samaín esta semana no cole, propoñemos un terrorífico concurso de fotos de medo!
Soamente tedes que coller a vosa cámara e realizar unha foto de algo que sexa realmente escalofriante, a deixar voar a vosa imaxinación!
Non vale descargar unha da rede, non sexades vag@s...

O PRAZO REMATA O MÉRCORES 29. ESE DÍA, NA FESTA QUE CELEBRAMOS COAS FAMILIAS SE VOTARÁ AO GAÑADOR, QUE TERÁ UN PEQUENO AGASALLO...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

xoves, 22 de outubro de 2015

RUGBY NA ESCOLA

O pasado martes tivemos a sorte de poder contar co Clube de Rugby Ferrol no cole. Dous xogadores profesionais, Toni e Max, ensináronnos moitas cousas sobre este deporte. Pasámolo moi ben e esperamos repetir!!!


PROXECTO OS XOGOS OLÍMPICOS

Durante este curso, o proxecto central do noso cole xirará en torno á temática dos Xogos Olímpicos.
A través de moitas actividades, traballos e visitas confiamos en que aprendamos moitas cousas sobre os deportes e os seus valores.
Claro está, o primeiro que fixemos foi a cerimonia inaugural con desfile e antorchas incluídas. Velaquí un pequeno vídeo resumo da celebración. Esperemos que vos guste!


mércores, 21 de outubro de 2015

Para Elisa de Beethoven para 2º

Aquí os dejo un video con la música de la obra "Para Elisa" de Beethoven. Espero que os guste

martes, 20 de outubro de 2015

venres, 9 de outubro de 2015

CONCURSOS BIBLIOTECA

Como xa sabedes a biblioteca abre a apertura de inscrición aos seus concursos anuais. Son:
MODESTINA QUERE SABER... 5ª EDICIÓN onde os nenos/as deberán solucionar as dúbidas que a nosa mascota ten en relación a diversos temas. Para elo deberán investigar por internet, libros etc

OS SELFIES DE MODESTINA no cal se concursa por familias. A nosa tartaruga se realiza uns selfies por todo Moeche para que os nenos/as, súas familias, vaian ao mesmo sitio, realicen o seu selfie e respondan a unhas preguntas sobre o lugar.

PODEDES INSCRIBIRVOS ATA O LUNS 20 DE OUTUBRO

ANIMÁDEVOS!!!