xoves, 17 de novembro de 2016

ULTIMATE

Boas!

Nestes días, nas sesións de EF estamos a traballar cos discos voadores ou frisbees. Deixo un vídeo onde a xogadora Paola Hernández (selección colombiana de Ultimate frisbee) danos unha serie de consellos para mellorar a súa técnica. Espero que vos guste...


luns, 14 de novembro de 2016

DIAS NON LECTIVOS

Nota informativa:
A día de hoxe(14/11/2016) recibimos no centro a autorización oficial da concesión de días non  lectivos solicitados. Por tanto, os días 5 e 7 de decembro non haberá clase.

mércores, 2 de novembro de 2016

GALERÍA DE FOTOS DE SAMAÍN, MAGOSTO E SIMULACRO DE INCENDIOS

A pasada semana foi unha moi especial no cole, xa que fixemos varias actividades. Deixamos uns links para ver as fotografías:

SIMULACRO DE INCENDIOS

Tivemos unha pequena práctica para estar preparados para situacións de perigo, en concreto de incendio. Sen saber nada reaccionamos moi ben ante os famosos tres "toques de sirena". O equipo de bombeiros e Garda Civil viñeron ao centro para axudarnos e despois deixaron que coñecésemos un pouco máis o seu traballo. Desde aquí queremos darlles as grazas...

FOTOS

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres tivemos unha especial xornada. Comezamos a mañá cunha sesión de contos de medo. De seguido fomos á pista polideportiva para practicar xogos con castañas!

A continuación disfrutamos do recreo e posteriormente viñeron as nais e pais para axudarnos coas cabazas. Un xurado composto por un representante do centro, un do concello e un pai elexiron as mellores entre todas.

Era tempo de baile e comellada, un clásico nesta festa do San Ramón! Ricas castañas, empanada e pizza...

Pasámolo xenial, grazas a tod@s por participar!!!

FOTOS FESTA

martes, 1 de novembro de 2016

ACTIVIDADES PARA REPASAR 5º E 6º

Resultado de imagen de emojis ESTUDIANDO

Deixo unha serie de links para repasar os temas que estamos a dar estes días na escola. Espero que sexan de axuda...

LENGUA CASTELLANA 6º

TEMA 3

LENGUA CASTELLANA 5º

TEMA 3

LINGUA GALEGA 5º

TEMA 3

LINGUA GALEGA 6º

TEMA 3


MATE 5º

NÚMEROS DECIMALES

MÁS DECIMALES


MATE 6º

POTENCIAS Y RAÍZ CUADRADA

NÚMEROS DECIMALES


CIENCIAS DA NATUREZA 5º

ECOSISTEMAS (reparado)


CIENCIAS DA NATUREZA 6º

OS ANIMAIS


CIENCIAS SOCIAIS 5º E 6º

MAPAS INTERACTIVOS