luns, 20 de xuño de 2016

VIAXE A MANZANEDA

A pasada semana fixemos unha viaxe de tres días a Cabeza de Manzaneda. Realizamos moitas actividades e pasámolo xenial.
Aquí deixamos unha galería de fotos a modo resumo...


xoves, 16 de xuño de 2016

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

O verán xa está aquí e, como xa sabedes, Modestina sempre propón unha serie de lecturas para disfrutar no período vacacional...




mércores, 8 de xuño de 2016

IMOS Á FEIRA



O vindeiro sábado día 11 de xuño estaremos na feira de Moeche con un grupo alumnos/as e mestres/as do colexio para recadar fondos para a excursión de fin de curso de todo o centro.

Venderemos cestas elaboradas polos nenos/as, gorras do cole, un libro feito por toda a comunidade educativa, manualidades que aporta a ANPA e figuras de globoflexia que realizarán os nenos/as.

Non o dubides nin un instante e ven a colaborar cos máis pequenos da vila...

COMPARTE!!!


venres, 3 de xuño de 2016

INSTRUCCIÓN SOBRE COMEDORES ESCOLARES CURSO 2016 -2017


Neste enlace podede ver toda a información sobre este tema, así como imprimir o modelo de autodeclaración que debedes cubrir e entregar no centro todas aquelas familias que desexen que os seus fillos fagan uso do comedor escolar no vindeiro curso. Tamén podedes pasar polo centro a recollelo.
Tanto a recollida de impresos como a entrega dos mesmos, debe facerse en horario de recreos ou ben de 9:00 a 10:00 todos os días  excepto o mércores.

Instrucción 1/ 2016 sobre comedores escolares


Modelo anexo III autodeclaración