sábado, 14 de outubro de 2017

XOGAMOS AO RUGBY

Esta semana tivemos a oportunidad de probar un deporte menos popular pero moi interesante, trátase do rugby. O clube Fendetestas de As Pontes acudiu á escola para ensinarlles aos nosos/as rapaces/zas aspectos básicos do rugby.
Aprendemos moito xogando con Xose e Asier, aos que lles queremos agradecer a dedicación nesta semana. Quedamos moi contentos e pretendemos repetir!!!

Deixamos un vídeo resumo da actividade, esperemos que vos guste:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.