CEIP SAN RAMÓN


ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO (DO 1 AO 20 DE MARZO)




 

VOLVE CHISTÍN! 

Participade unha vez máis neste concurso de chistes e todos a RIR CON CHISTÍN.

 

ESTA SEMANA CATEGORÍA DE

 CHISTES CURTOS 

Pídelle ao teu mestres tantas nubes como chistes queiras presentar e MOITA SORTE!

 

 

 

 

 

Aquí vos deixo o enlace ao portal educativo donde atoparedes toda a información de reserva de praza para os nenos/as de 6º que cambian de centro.

RESERVA DE PRAZA

 

 

 

Informarvos de que a partir do día1 de febreiro ata o 15 do mesmo mes estará aberto o prazo para entregar as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso. Aquí vos deixo o enlace par poder descargar o impreso correspondente. Tamén, de ser preciso, podedes solicitado no propio centro.

 

Modelos de reserva de praza e formalización da matrícula

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a colaboración co centro nos festival de nadal. Unha especial mención para os membros do ANPA que axudaron moitísimo na montaxe do escenario.

Tamén aproveitamos para informar de que coas rifas das cestas de nadal, recaudamos a cantidade de 503,50 € que por suposto serán destinados á realización de saídas de todo o alumnado do centro.

GRACIÑAS A TOD@AS E FELICIDADES!!!

 

 

 

 

 

Lembramos a todos os membros da comunidade educativa que o vindeiro mércores 21 de decembro teremos no centro o FESTIVAL DE NADAL con un montón de actuacións dos nosos alumnos e alumnas, haberá chocolate con churros e rifaremos estas magníficas cestas con productos de nadal e manualidades realizadas como todos os anos polos nenos/as maiores do colexio.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

ENTRADA ás 10:00 horas e remate sobre as 13:30 horas.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo luns 28 de novembro terán lugar no centro as votacións para elexir ao representante do sector pais/nais no consello escolar. Aquí vos deixo a circular informativa.

 

Mañá os nenos e nenas de primaria farán unha saída ata o concello de Moeche para participar nun pleno infantil donde acompañados dos seus titores poderán facer as súas peticións de mellora para o municipio. A sesión durará aproximadamente unha hora (de 12:00 a 13:00)e volverán de novo para o colexio para reanudar as clases. 

Queremos agradecer ao concello e a Diego de UNICEF por oferatarnos esta actividade que nos parece estupenda.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí vos deixo un modelo de candidatura para todos aqueles que desexen presentar a súa. Tamén podedes pasar polo colexio para solicitar un modelo impreso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Continuando co procedemento das eleccións ao consello escolar, faise público o censo de pais/nais do alumnado do centro para o presente curso. Todas as persoas que aparecen neste censo poderán presentarse como candidatos á representación dos pais e nais no consello escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí deixo a nota informativa que levaron os nenos/as hoxe referente á constitución da xunta electoral que se encargará da organización e supervisión do procedemento de eleccións dos novos membros do consello escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

IMPORTANTE: TEMOS NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO

881930329/881930330/881930331

 

 

 

 

 

 

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 

COMUNICADO:

Infórmase a todos aqueles pais/nais que aínda non entregaron o anexo II modelo de Autodeclaración e especificacións para ser usuarios de comedor  que deben facelo antes do día 5 de setembro.

O modelo pódese descargar dende o blogue ou ben pedilo directamente no centro.

 

 

 

 

Aqueles alumnos/as que solicitaran fondo de libros e quedaran fóra por falta de existencias, pero por declaración de renda lles pertence un nº determinado de exemplares, están nesta lista e recibirán os libros que lles corresponden no centro a comezos de curso.

 

 

LISTAXE DE ALUMNOS/AS QUE RECIBEN FONDO DE LIBROS CURSO 2016-2017

 

 

 

 

 

 

 

 

Os libros de inglés dos cursos 1º, 2º e 3º de primaria que aparecen publicados no listado de libros de texto para o vindeiro curso, foron descatalogados pola editorial. No seu lugar, deberedes pedir os seguintes:

 

 - 1º CURSO: BIG SURPRISE 1 CB+MROM PK. ISBN:9780194516204. Vanessa Railly. 2013

1º CURSO: BIG SURPRISE 1 AB. ISBN.: 9780194516426. Vanessa Railly 2013

 

 

- 2º CURSO:  BIG SURPRISE 2 CB+MROM PK. ISBN: 9780194516211. Vanessa Railly. 2013

 

- 2º CURSO: BIG SURPRISE 2 AB. ISBN:9780194516433. Vanessa Railly 


IMPORTANTE:  os nenos/as de 3º que están no fondo de libros non deben mercar o novo libro. O centro encargarase de darllos.

 

 



 

 

 

NOTA INFORMATIVA:

Abrese o prazo para solicitar ser colaborador nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar.

Para anotarse poderán pasar polo centro ata o día1 de xullo incluído en horario de  9:00 a 11:00 horas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prazo de formalización de matrícula é dende o 22 ata o 30 de xuño.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saiu publicada a instrucción sobre o funcionamento de comedores escolares para o vindeiro curso, así como o procedemento de autodeclaración para as familias que desexen enviar aos seus fillos/as aos comedores escolares. Podedes ver toda a información no apartado de SECRETARÍA. Tamén tedes o MODELO DE AUTODECLARACIÓN para descargar

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Podedes ver a información e descargar o modelo de solicitude no  apartado do bloque de SECRETARÍA

 

 

 

 

 

 

O vindeiro día 4 de maio, asistiremos á exhibición de caráctor solidario que terá lugar nas Pontes. Alí a garda civil  fará unha exhibición das distintas especialidades: SEPRONA, Tráfico, Policia XUdicial, aérea, servicio de rescate e Seguridade cidadá. Todo o que se recade, irá destinado ás persoas mais  necesitadas da comarca de Ferrolterra e o reparto será realizado por Cáritas.

 

 

 

 

 

 

 

CHISTES FINALISTAS DO CONCURSO "CHISTIN"
CHISTE DE ADRIAN, NOEL E FABIÁN

Están un inglés, un francés e un galego nunha torre.
O inglés berra:
-Polo meu país! (Tírase da torre e morre)
O francés di:
-Polas miñas bandeiras!(tírase da torre e morre)
O galego di:
-Polo meu país e polas miñas pandeiras, eu baixo polas escaleiras!.

CHISTE DE SARAY E MARTA

O morcego quedou cos seus tres fillos para ver quen conseguía sangue máis rapidamente.
O fillo maior vótase a voar e volve en 60 segundos.
-Onde conseguiches o sangue? pregunta o pai
- Ves aquel boi?
- Sí
- O sangue é del.
O segundo fillo sae voando e volve en 40 segundos.
-Donde conseguiches o sangue? Pregúntalle o pai.
-Ves aquela muller?
-Sí
- É dela.
O fillo máis novo sa voando e volve en 15 segundos.
- Donde conseguiches o sangue? Pregúntanlle.
- Ves aquela parede?
- Sí
- Pois eu non a vin.
CHISTE DE JAVI
Había tres amigos que se chamaban: Tonto, Ninguén e Ningún.
Tonto vai e dille á policía:
- Ninguén caeu no pozo e Ningún estao axudando.
A policióa responde:
-Vostede é tonto?
- Sii. Moito gusto
CHISTE DE ALEX
Un día ía camiñando por un campo un poliño e chocou cun zorriño, o cal era de fala inglesa. Entón o zorriño dille:
- "I´m sorry".
E o poliño responde:
- I´m pollito.

Marchamos de vacacións dende o 18 ata o 29 de marzo.

 

BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!!

 

  Gañador do concurso de carteis do 23 de abril de Moeche

 

A Asociación Ecuestre de Moeche comunicou ao centro o gañador do concurso de carteis para o 23 de abril deste ano.

 

A gañadadora é LETICIA CAAVEIRO MERA.  Noraboa!!!

 


O premio que consiste nun vale de 50€ para a libreria local, un vale de dúas clases de equitación na escola de equitación da zona e un agasallo conmemorativo será entregado o día do evento durante a entrega de premios (pola tarde ao finalizar as competicións). 

 

 

CONCURSO DE CHISTES: "CHISTÍN"

 

 

Ola rapaces e rapazas. Aquí estou de novo.

Veña formade grupiños de dous, tres o máis compañeiros e inventade ou buscade novos chistes.

Deixo as nubes para que poidades escribir os chistes e entregarllos ao voso mestre ou mestra. Lembrade un chiste en cada nube de fume.

Estou desexando ler os vosos chistes. ÁNIMO!!!

Por certo, este ano teredes que contalos en grupos a todo o colexio nun acto público de risas.


PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Saiu publicada a orde pola que se resolve o procedemento de admisión.
Podedes consultalo neste enlace

  Formulario de admisión de alumnos

LEMBRAR QUE O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA QUE QUERA RESERVA PRAZA EN SAN SADURNIÑO PARA O VINDEIRO CURSO DEBE REALIZAR ESTA RESERVA AGORA DENDE O 1 AO 15 DE FEBREIRO.

Formulario de reserva de praza

 

 

 

 




 

 Axudas material escolar

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria das axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Esta nova política social vai dirixida a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

O vale será de 50 euros por neno.

Estas bolsas serán complementarias ao uso do fondo público de libros de texto ou ás axudas á adquisición de libros de texto, segundo sexa o caso.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá día 2 de setembro en horario de 10:00 a 11:00 horas.

Modelo de solicitude

 

 

 

 

 RECOMENDACIÓN:

 

Recomèndase ao alumnado solicitante do fondo solidario de libros de texto que ten unha renda inferior a 9000€ e recibiron menos de 6 libros do fondo, que non merque de momento os libros restantes dado que unha nova instrucción da consellería indica a posibilidade de que sexan adquiridos pola xunta.

O día 23 de xullo saberase o alumnado que entra dentro deste suposto.

 

 

 

 

 

 

 

IMPORTANTE: A entrega de libros do fondo solidario terá lugar a partir do día 1 de setembro en horario de 10:00 a 12.00 horas.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO NO FONDO SOLIDARIO

 


 

 

 

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO FONDO SOLIDARIO

 

 

AXUDA DE LIBROS E FONDO SOLIDARIO

 

Saiu publicada a orde que regula as AXUDAS XE LIBROS para alumnos de 1°, 2°, 4° e 6° para o curso 2015/2016 e tamén a orde que regula o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS para os alumnos de 3° e 5°.
Pódese acceder a toda a información, así como á descarga de modelo de solicitude no apartado de SECRETARÍA.

 

 

 

IMOS Á FEIRA!!!



O sábado 23 de maio estaremos na feira de Moeche vendendo materiais para recadar fondos para a excursión de fin de curso de todo o alumnado do centro.
VENDEREMOS:

- O noso segundo libro de receitas elaboradas polas familias dos nen@s do cole (grazas de novo). Nesta ocasión temos primeiro prato, segundo e postre!!!
- Uns fermosos mandiles para poñernos cando elaboremos as suculentas receitas. Dito mandil leva o logo do concurso "Masterchef Moeche" onde se probaban os menús no comedor do colexio e unha foto do castelo feita por un alumno.
- Os resto do mercadiño de segunda man que se fixo no centro (libros, xoguetes...).

XA SABES, ESTE SÁBADO NA FEIRA ESPERÁMOSTE!!!

DIFUNDIDE POR FAVOR!









MODESTINA NA PRENSA!!!

 
Como xa sabedes, a semana pasada saímos na prensa!
"La Voz de Galicia" chamaba ao cole para interesarse por un personaxe moi coñecido no noso centro, non podía ser outra que Modestina. E é que a nosa tartaruga é moi famosa, entre "Modestina quere saber..." e a novidade de este ano "Os selfies de Modestina" non hai quen a pare...
De saber é que sen esa colaboración tanto de alumnado, familias e mestres estos divertidos concursos non serían posibles.
Lede con atención xa que somos noticia!!!
Clica no enlace para ver a reportaxe.

LA VOZ DE GALICIA













 Xa temos gañadores do concurso de Chistín.  




GAÑANDORA FINALISTA  CONCURSO DE CHISTES: PAULA SANJURJO PÉREZ DE 5º

Chega Pepito á escola chorando e pregúntalle a mestra:
- Que che pasou Pepito?
- Roubáronme mestra !
- Ai Deus meuu... e que che roubaron ??
- Os deberes.


GAÑADORA FINALISTA CONCURSO DE ADIVIÑAS: LIDIA RICO GOTTI DE INFANTIL

Mi mamá fue mariposa,
yo soy su hijo pequeño,
como hojas de morera
y hago un capullo de seda. 



FELICIDADES




















Queremos agradecer a iniciativa do ANPA para a adquisición de dous libros electrónicos que hoxe chegaron ao centro e que en breve poñeremos a disposición dos rapaces e rapazas do centro. 
Dende o Concello tamén nos van facilitar un 3º libro de idénticas características. 
AGORA HAI QUE LER MOIIIIITO!
Gracias ANPA e CONCELLO.

 

Gañador do sorteo de nadal

Este ano, como sabedes, os nenos e nenas de 5° e 6° fixeron adornos do nadal destinados a ser sorteados no festival para sacar fondos para a excursión.
O GAÑADOR FOI ADRIÁN, un exalumno do colexio. NORABOA!! 




Tamén queremos agradecer a colaboración de todos e todas porque conseguimos recaudar a fantástica cifra de 332€.




CONCURSO

 SUPER

Lede con detenemento as bases deste novo concurso porque pode ser de grande interese para todos e todas os que facemos uso do comedor escolar.

ANIMÁDEVOS A PARTCIPAR!!! 







Aberto o prazo de inscrición para os concursos "Modestina quere saber..." 4ª edición e "Os selfies de Modestina" (para toda a familia).
ANÍMATE!!! (clica abaixo para ver información)

Vídeo promocional actividades biblioteca

OS SELFIES DE MODESTINA

MODESTINA QUERE SABER... 4ª EDICIÓN













ENTRA E MIRA TODAS AS NOVAS GALERÍAS DE FOTOS E VÍDEOS DAS ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE






IMOS Á FEIRA!!!

O próximo domingo día 11 de maio estaremos na Feira de Moeche para vender os libros de receitas elaboradas polas familias da comunidade educativa, ademais dunhas fermosas manualidades de monumentos do mundo que fixeron os nenos/as no colexio. Da mesma maneira tamén estarán á venta os restos do mercadillo que houbo no cole...
Todos os cartos recaudadados irán destinados á excursión de fin de curso que realizarán os nenos e nenas do centro.
Xa sabedes, non dubidedes en vir a visitarnos este domingo!

















NOVO!!!

ENTRA NAS SECCIÓNS DOS DIFERENTES CICLOS PARA VER O VÍDEO - RESUMO DO DÍA DA PAZ 2014














O CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE QUERE DESEXARVOS A TOD@S UN BO NADAL E UN FELIZ 2014!



"TODOS A RIR CON CHISTÍN "
Queridos rapaces e rapazas, pais, nais ….. Volve Chistín cun novo concurso de chistes, pero esta vez a través do blogue.
Teredes que ir subindo chistes segundo as categorías que se vos vaia indicando e haberá premio para o mellor de cada categaría.
Estade atentos porque axiña saberemos a 1ª categoría para comezar.




Xa podedes ver as fotos da festa do mércores nas diferentes seccións do blogue.








Boas!

Este é o novo blogue do cole, no cal poderedes desfrutar de moitas actividades, xogos, informacións e moito máis!

Animamos a que participedes activamente para o bo funcionamento do mesmo. Bo inicio de curso a tod@s!

Un saúdo.

Os mestres do CEIP San Ramón!

1 comentario:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.