xoves, 25 de abril de 2024

DATCHBALL NA PISTA DE ABADE - CLIA

 O grupo de participación Irmandiñ@s do 23 ten unha nova proposta! 



🗓 O sábado 4 de maio organiza o I Torneo de Datchball do Concello de Moeche, cun máximo de 8 equipos participantes. 


🏐🏐🏐 Para participar tes que ter entre 6 e 15 anos, e formar un equipo de 5 persoas, mixto por sexo e idade. 


📝 Para inscribir o voso equipo tedes que enviarnos un correo a gpiamoeche@gmail.com indicando os nomes e idades de quen o integra! Recibiredes un correo de volta confirmando a vosa inscrición. Doado non? 


🤾🏼‍♀️🤾🏾‍♂️ O 4 de maio véremonos nas pistas de tenis de Abade ás 16.00. Estaremos xogando até as 19.00, aproximadamente, e despois compartiremos uns pinchiños 🍕 para recuperar enerxías 🔋


🏆 Pasarémolo en grande! Animádevos!

domingo, 21 de abril de 2024

RADIO 23: Feira do 23 de abril de Moeche

 Nova entrega en radio 23!

Desta volta, as rapazas e rapaces do CEIP San Ramón queren informar e animar a todos a que vaiamos á Feira do 23, que xa case está aquí!

venres, 19 de abril de 2024

Obradoiro de cociña

Queridas familias: Esta segunda semana, xa que a primeira non a conto, temos moitas cousas que contar. Tocounos coidar a horta e recoller as leitugas, realizamos un obradoiro de cociña (barritas enerxéticas), observamos os vermes de seda a través da lupa para comprobar como van medrando, aprendemos algúns instrumentos musicais de percusión, xogamos un partido de fútbol,festexamos o aniversario de Santi, e algunas cousiñas mais. Se queredes velo, premede no enlace. Saúdos e apertas PD: Esta semana, por despiste da profe, fixemos o obradoiro nun momento en que Vicen non está na aula... No próximo obradoiro será o protagonista principal.

Andainas do terceiro trimestre

Queridas familias: Neste video poderedes desfrutar dos primeiros días de escola do terceiro trimestre: algún momento da asamblea, tarefas relacionadas coa loxicamatematica ou a lectoescritura! Tamén un obradoiro de elaboración de gorros de cociñeir@s para realizar as nosas receitas saudables, e tamén algúns momentos de xogo libre. Esperamos que o desfrutedes en familia. Saúdos e apertas

luns, 15 de abril de 2024

MODIFICACIÓN DA SOBREMESA 16/4

 A sobremesa prevista para o 24 de abril, amorodos con iogur natural, servirase o día de mañá martes, 16 de abril.

Desculpade as molestias.

venres, 12 de abril de 2024

O REGRESO DE CHISTÍN


2ª CATEGORÍA:SEMANA DO 22 AO 26 DE ABRIL

Chistes de galegos



En breve poderedes dar o voso voto no blogue a un destes finalistas dende o luns 22 ata o venres 26.

Noraboa aos gañadores da 1º categoría 



Estou a rir un montón cos vosos chistes
GAÑADORES 1ª CATEGORÍA

"ÁBRESE O TELÓN"
  • ABRAHAM de 4º:
Ábrese o telón e aparece un chino tocando un arpa. Como se chama o actor? Alpa Chino
  • OIHANE DE 5º:
Ábrese o telón e aparece unha actriz loira sen dentes bailando. Péchase o telón. Cal é o nome da actriz? Marilyn Non Roe
  • UXUE DE 1º:
Ábrese o telón e aparece unha chica duchándose sen xel. Péchase o telón. Cal é o nome da actriz? Kim BasinxelG

GAEL DE INFANTIL:
Ábrese o telón e aparece un neno tirando un pedo. Como se chama a película? A todo gas



O REGRESO 

DE      CHISTÍN

 Queridos nenos, nenas e familias, aquí volvo un ano máis a retarvos para que participedes no meu concurso: "CONCURSO DE CHISTES"

 Como participar?

Colle unha nube de Chistín, pon nome, curso e escribe o teu chiste que debe ser da CATEGORÍA indicada.

Non esquezas a BOA LETRA e coida a ORTOGRAFÍA porque este ano veño 

MOI ESIXENTE 

A continuación entrégallo ao teu mestre ou mestra que mo dará a mín para velo e publicalo no corredor do colexio.

EN CADA CATEGORÍA HABERÁ 4 FINALISTAS QUE PASARÁN Á GRAN FINAL.

AH, poderes votar dende o blogue.


Haberá premios para aqueles nenos e nenas que participen en TODAS AS CATEGORÍAS. 

                    COMEZAMOS.......

1ª CATEGORÍA:SEMANA DO 15 AO19 DE ABRIL

Abrese o telón .......

xoves, 11 de abril de 2024

BECAS E AXUDAS A NEAE

 BECAS E AXUDAS NEAE

Saiu publicada a resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición.

A solicitude poderá tramitarse de dous xeitos:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN

  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)


Xeito telemático: